A Disney cancela The Acolyte

81

A Lucasfilm ven de cancelar a súa série de Star Wars The Acolyte e decidiu non continuar cunha segunda tempada.

A decisión produce-se mais dun mes despois de que a primeira quenda de oito episódios rematara de se emitir no servizo Disney+. Lesley Headland foi o seu creador, director, produtor executivo e showrunner.

Esta foi a primeira história da franquía de Star Wars ambientada nos tempos da Alta República, pero a nova da cancelación non é de abraiar, porque só recibiu críticas entre negativas e moi negativas e ergueu moitas controvérsias entre o público.

A audiéncia tampouco foi de salientar. Tivo un bó comezo, converténdo-se na estrea de série mais importante na Disney+ deste ano e acadando 11,1 millóns de visualizacións en todo o mundo despois dos seus primeiros cinco días de emisión.

Aínda que chegou aos postos 7 e 6 das listas de streaming da Nielsen nas súas dúas primeiras semanas, caeu fóra dos dez primeiros até o final, cando entrou de novo ao posto 10 e acadou un total de 335 minutos vistos, o mais baixo até hoxe para un final de tempada dunha série de Star Wars.

Headland indicara con anterioridade que presentara as súas ideias para unha segunda tempada aos estudos, pero seica xa nunca as veremos nas nosas pantallas.