A Universal Pictures ven de adquirir os dereitos cinematográficos para adaptar o exitoso videoxogo da compañía Reikon Ruiner para unha longametraxe.
Ademais, o responsábel de The Maze Runner e de Kingdom of the Planet of the Apes, Wes Ball, encargará-se da dirección, mentres que Michael Arlen Ross (Locked) adaptará o guión.
O shooter de acción está ambientado no ano 2091 na metrópole cibernética de Rengkok e vai sobre un psicópata que loita contra un sistema corrupto para descubrir a verdade e recuperar ao seu irmán secuestrado. Baixo a guía dun misterioso hacker, deberá atravesar un mundo brutal cheio de tecnoloxía punta e escuros segredos polas súas rúas iluminadas con luces de neón.
A 87North, a Story Kitchen e mais a Oddball apoian o proxecto, que producirán Ball, Joe Hartwick Jr, Kelly McCormick e mais David Leitch.
Ball está de todos os xeitos a desenvolver aínda un filme que adaptará ás pantallas o clásico videoxogo The Legend of Zelda, polo que ese proxecto terá prioridade.