The Lord of the Rings: The War of the Rohirrim

80

WARNER BROS. / The Lord of the Rings: The War of the Rohirrim. Dirixida polo galardonado cineasta Kenji Kamiyama (Blade Runner: Black Lotus, Ghost in the Shell: Stand Alone Complex), presentada por Peter Jackson e baseada nos venerados libros de J.R.R. Tolkien, a Warners e mais a New Line regresan á Terra Média nunha história que ten lugar case dous séculos antes dos acontecemenos narrados na triloxía dos Anéis. O filme conta o destino da Casa de Helm “Man de Martelo”, o lendário rei de Rohan. Un repentino ataque de Wulf (Luke Pasqualino), un astuto e desapiadado señor dos Dunlending que procura vinganza pola morte de seu pai, obriga a Helm (Brian Cox) e aos seus a librar unha derradeira e audaz batalla no antigo bastión do Hornburg, a poderosa fortaleza que mais tarde será coñecida coma o Abismo de Helm. A estrea chegará ás salas de cinema de todo o mundo a partir do 11 de decembro.