Apartment 7A

164

PARAMOUNT+ / Apartment 7A. Nesta precuela do clásico filme de terror Rosemary’s Baby, unha nova e ambiciosa bailarina chamada Terry (Julia Garner) soña coa fama e a fortuna en New York, pero tras sufrir unha grave lesión, unha parella maior e rica (Dianne Wiest e Kevin McNally) a acolle na súa casa do luxoso edifício de apartamentos Bramford. Despois dunha noite que non pode lembrar totalmente, as circunstáncias inquietantes axiña a fan cuestionar-se os sacrifícios que está disposta a facer pola súa carreira cando se decata de algo maligno está a vivir non só no apartamento 7A, senón no mesmo Bramford. Marli Siu, Andrew Buchan, Rosy McEwen e Kobna Holdbrook-Smith completan o elenco de protagonistas, dirixidos por Natalie Erika James, e coa produción de John Krasinski e o selo Platinum Dunes de Michael Bay. A estrea, a partir do 27 de setembro.