Despois de nós, o dioivo

56

Ven de entrar en post-produción a nova longametraxe de Arto Halonen, unha história de ciéncia-ficción ecolóxica titulada After Us, the Flood. O cineasta e documentalista finlandés debutou no cinema co filme Prinsessa en 2010, que acadou moito éxito no seu país de orixe, e nos seus cretos conta asemade con filmes coma Sinivalkoinen valhe (2012), A Patriotic Man (2013) e Murderous Trance (2019).

After Us, the Flood ten un guión de Ossi Hakala, e está ambientada no ano 2064, nun mundo post-cámbio climático que está á beira da destrución. Con todo, a ONU desenvolveu unha forma de viaxar no tempo: as memórias e a persoalidade dunha persoa poden ser transmitidas para o pasado, para a própia persoa no momento do nacemento. Henrik, un físico brillante pero narcisista, foi escollido para a misión de publicar o proxecto do reactor de fusión que el inventou, amosa-lo o mundo e así evitar que as alteracións climáticas acontezan. Pero algo sae mal: Henrik nace no corpo errado e ten que aprender a ser humilde mentres vive a súa nova vida.

After Us, The Flood é un drama de ciéncia-ficción sobre relacións, identidade, cobiza e as razóns polas que os humanos son incapaces de detér o cámbio climático. No seu elenco figuran Elias Westerberg, Linnea Leino, Tuomas Nilsson e Kasperi Kola.

Segundo Hakala, “o obxectivo dende o primeiro día foi escribir un guión que fora á vez ambicioso e íntimo. No fondo, a ciéncia-ficción non é espectáculo, senón ideias. Así que foi unha elección natural coa que traballar. Unha película populista destinada a un público amplo ten mala fama hoxe en día, e con razón. Pero non ten por que ser así. A película mais grande do año debería ser tamén a mellor película do ano“.

Cun orzamento de 1.715.000 euros, After Us, the Flood foi producida pola compañía finlandesa Art Films Production e mais a letoa Tasse Film e chegará ás salas de cinema a partir do 5 de decembro.