Hayden Panettiere, a relembrada estrela de Heroes e Scream VI, será a protagonista de A Breed Apart, a próxima secuela da longametraxe de terror The Breed, que produciu Wes Craven en 2006.
Nicholas Mastandrea dirixiu a película orixinal, que narra a história de dous irmáns e os seus amigos, quen viaxan a unha cabana nunha illa que herdaron do seu tío. A súa aventura estraga-se cando se ven asediados por voraces cans xeneticamente modificados e criados para matar. A orixinal volta de rosca, na que os cans son por unha vez os malos, ocasionou que os espectadores se alporizaran e o filme converteu-se nun enorme fracaso.
A nova versión non é un remake senón unha metaconsecuéncia, xa que se sitúa despois dos acontecementos do primeiro filme. Esta vez, unha manda de cans escapa durante a produción dunha película fictícia de The Breed 2 que se está a rodar nunha illa remota, e anos despois, un grupo de YouTubers aparece para intentar atopar aos animais nun proxecto ideia do influencer Vince Venture (Joey Bragg) e que queren viralizar.
O dúo de Fall, composto por Virginia Gardner e Grace Caroline Currey, volverá a formar equipa nesta película xunto a Bragg, Troy Gentile, Riele Downs e Page Kennedy. Os irmáns Griff e Nathan Furst dirixen e producen para a Curmudgeon Films e a Daro Film Distribution. A estrea prevé-se para 2025.