Molina no aprendiz de meigo

0
211

Alfred MolinaAlfred Molina (Spiderman 2, O Código da Vinci) será o protagonista no papel dun meigo maléfico no vindeiro filme de grande orzamento da Disney, a fantasía The Sorcerer’s Apprentice.

A história vai sobre un estudante de instituto normal (Jay Baruchel) que é recrutado contra a súa vontade para traballar para un meigo chamado Balthazar Blake (Nicolas Cage).

O home dará-lle un accidentado curso nas artes da máxia para prepara-lo nunha batalla contra as forzas da escuridade, cuxo líder é o meigo Horvath (Molina), todo elo en pleno Manhattan.

Teresa Palmer tamén formará parte do reparto no papel da moza de Baruchel. A rodaxe escomezará este mes en New York.

O proxecto axuntará unha vez mais á equipa da franquía de National Treasure (en España os filmes tituláron-se La búxqueda), é dicir, ao actor Nicolas Cage, ao director Jon Turteltaub e mais ao produtor Jerry Bruckheimer.