Guadagnino e o Sarxento Rock

40

Luca GuadagninoO cineasta italiano Luca Guadagnino (Suspiria) podería estar a mantér negociacións para dirixir unha adaptación ao cinema do clásico título da DC Comics Sgt. Rock para a Warner Bros. Pictures. O filme estará ambientado na Segunda Guerra Mundial e conta cun guión de Justin Kuritzkes (Challengers). O seu persoaxe protagonista é o sarxento Franklin Rock, un heroico oficial americano que loita en Europa contra os nazis, e que aínda que posúe grandes habilidades de combate, non é un superheroe.