Smile 2

41

PARAMOUNT / Smile 2. Chega a secuela de Smile, o éxito do cinema de terror de 2022  que recadou 217 millóns de dólares a partir dun orzamento de tan só 17 millóns. Para esta nova entrega, só regresa un dos actores orixinais, Kyle Gallner, mentres que Naomi Scott interpreta a unha cantante de sona mundial que comeza unha nova xira, pero que comeza asemade a experimentar acontecementos cada vez mais estraños e terroríficos, o que a obrigará a  relembrar o que lle ocorreu no pasado para poder recuperar o control da súa vida. Parker Finn escribiu o guión e dirixe o filme, que chegará ás salas de cinema a partir do 18 de outubro.