O sol de medianoite lucirá na Netflix

178

A Netflix ven de encargar a produción da série de debuxos animados Midnight Sun, baseada na novela homónima de Stephenie Meyer de 2020 que lle dá unha perspectiva alternativa á orixinal Twilight.

A saga orixinal de catro libros de Twilight xiraba ao redor da apoucadiña estudante de secundária Bella Swan, mentres que Midnight Sun volve a contar a história do primeiro tomo, pero esta vez a través dos ollos do seu amante, o vampiro Edward Cullen.

En abril de 2023, a Lionsgate Television informou que o proxecto se atopaba nas súas primeiras fases de desenvolvemento, e este pasado marzo soubo-se que sería unha série de debuxos animados.

Agora, a Netflix ven de facer-se co proxecto e Sinead Daly (Tell Me Lies) será a guionista e produtora executiva.

Meyer é asemade a produtora executiva da série xunto con Meghan Hibbett, Wyck Godfrey, Marty Bowen, Erik Feig e Samie Kim Falvey. A produción correrá a cargo da Lionsgate Television.

As cinco películas de Twilight estrearon-se entre 2008 e 2012 e recadaron mais de 3.000 millóns de dólares nos despachos de billetes do mundo.