Spaihts debuta coma director na LAIKA

45

Os estudos de animación LAIKA (Coraline, ParaNorman) veñen de confirmar que o guionista de Dune, nominado ao Oscar, e coguionista de Prometheus, Jon Spaihts, debutará como director nunha película de ciéncia-ficción de acción real que producirá o estudo.

Spaihts será asemade o guionista do filme, aínda sen título, que conta a história dunha muller que investiga un mistério que tivo lugar durante unha semana da que non se lembra.

Este é o terceiro proxecto de acción real da LAIKA nos últimos tempos. Os outros dos son a adaptación dun thriller de acción da novela Seventeen, de John Brownlow, e mais Crumble, que Brian Duffield escribirá e dirixirá.

Nun comunicado, Spaihts fala da súa nova película: “Este é un proxecto de paixón orixinal ao que levaba tempo desexando adicar-me, e non podería pedir mellores parceiros. A LAIKA ten unha clara visión creativa e unha tradición de narración meticulosa e a medida que se adapta moi ben a este proxecto“.

Dentro dos créditos de Spaihts cómpre salientar ademais os guións de Doctor Strange e de Passengers, e mais recentemente, coescribiu o guión de A Minecraft Movie que se estreará o ano que ven.