A Amazon Prime Video ven de deter a produción da terceira e derradeira tempada do seu drama fantástico Good Omens antes da rodaxe que ía comenzar en Inglaterra dentro de pouco. A decisión foi tomada despois de que o creador da série e showrunner Neil Gaiman fora acusado de agredir sexualmente a várias mulleres, entre elas a neneira do seu fillo. A Disney pola súa banda tamén anunciou a paralización da rodaxe de The Graveyard Book, a adaptación cinematográfica da novela de Gaiman de 2008 que dirixirá Marc Forster.