Morreu James Earl Jones aos 93 anos

125

O lendário actor de voz grave James Earl Jones, que apareceu en innumerábeis películas, finou onte luns aos 93 anos de idade na súa casa no condado de Dutchess, New York.

Jones era ún dos actores mais recoñecidos en todo o mundo e gañou tres prémios Tony, dous Emmy e un Grammy, ademais dun Oscar honorífico pola súa carreira, un prémio SAG e un Kennedy Center Honor. É un dos poucos artistas que se fixo cun EGOT (Emmy, Grammy, Oscar, Tony).

Comezou a súa prolífica carreira como actor en 1964 no filme Dr. Strangelove, de Stanley Kubrick, e despois interpretou mais de 200 papéis distintos no cinema e na televisión en filmes coma Exorcist II: The Heretic, Allan Quatermain and the Lost City of Gold, Conan the Barbarian ou Field of Dreams, pero acadou sona sobre todo pola súa voz, que foi a do que é se cadra o falcatruán mais famoso de todos os tempos, o vilán de Star Wars Darth Vader, ademais de facer de Mufasa nos debuxos animados de The Lion King da Disney.

O seu rostro foi popular tamén fóra do xénero fantástico, e tivo papéis a salientar na popular comédia Coming to America, e nos thrillers The Hunt for Red October e Patriot Games. Na televisión participou en Lois & Clark: The New Adventures of Superman, 3rd Rock from the Sun e Stargate SG-1 e apareceu moitas veces en The Simpsons.