O cineasta responsábel de Shang-Chi and the Legend of the Ten Rings, Destin Daniel Cretton, está a manter conversas para ser o director de Spider-Man 4 na Marvel e a Sony Pictures.
Deste xeito Cretton fai-se cargo do posto deixado por Jon Watts, quen dirixiu as tres películas anteriores protagonizadas por Tom Holland no papel do popular gabeamuros. Marc Webb dirixiu as dúas entregas de Andrew Garfield e Sam Raimi fixo a triloxía de Tobey Maguire.
Holland ficará no papel protagonista para esta nova entrega, que conta cun guión de Chris McKenna e Erik Sommers. O xefe da Marvel, Kevin Feige, e mais a antiga xefa da Sony Amy Pascal serán os produtores.
A última película rematou cando o mundo esqueceu maxicamente que o adolescente Peter Parker é Spider-Man, incluíndo aos seus amigos e mais á súa moza MJ, polo que deixa unha escena limpa para comezar de novo.
O Shang-Chi de Cretton está considerado coma unha dos mellores filmes “post-Avengers: Endgame” e de feito o mesmo Cretton fora contratado para dirixir Avengers: The Kang Dynasty antes de que todo o proxecto se viñera abaixo o pasado mes de novembro. Mais recentemente, encargou-se das labouras de showrunner na série da Marvel Wonder Man, que se atopa arestora en post-produción, e está pendente de dirixir, escribir e producir Naruto, o filme baseado na série de manga do mesmo nome para a Lionsgate.