Mickey 17

59

WARNER BROS. / Mickey 17. O director de Parasite e Snowpiercer, Bong Joon-ho, achega-nos a súa nova longametraxe, un thriller de ciéncia-ficción con tóns de comédia sinistra que estaba orixinalmente previsto para se estrear en marzo, pero que tivo que se adiar por mor de problemas na post-produción. A história vai sobre Mickey (Robert Pattinson), un empregado refugábel enviado a colonizar un mundo xeado. Baixo o seu contrato coa empresa, cada vez que morre o seu corpo é reimpreso, pero coa memória intacta. Porén xurde un problema na súa 17ª reencarnación, que volve a casa e se atopa á súa 18ª cópia na cama. Toni Collette, Mark Ruffalo, Steven Yeun e Naomi Ackie compoñen o resto do elenco do filme, baseado nunha novela de Edward Ashton. A estrea será no mes de xaneiro nas salas de cinema.