Despois de seis anos no posto, a directora creativa da Walt Disney Animation Studios, Jennifer Lee, ven de abandoar oficialmente o cargo para regresar ao cinema coma directora. E o seu primeiro proxecto atrás das cámaras serán as dúas vindeiras entregas da saga de Frozen: Frozen 3 e Frozen 4. Lee xa escribira as dúas primeiras partes e foi a súa co-directora xunto a Chris Buck. A estrea está prevista para 2027.