El Eternauta

57

NETFLIX / El Eternauta. Chega un adianto da primeira adaptación para as pantallas do clásico cómic arxentino de Héctor G. Oesterheld e Francisco Solano López publicado entre 1957 e 1959. Ricardo Darín interpreta ao protagonista Juan Salvo, xunto cun elenco integrado por Carla Peterson, César Troncoso, Andrea Pietra, Ariel Staltari, Marcelo Subiotto, Claudio Martínez Bel, Orianna Cárdenas e Mora Fisz. A dirección corre a cargo de Bruno Stagnaro, quen tamén escribiu os guións dos seis episódios xunto a Ariel Staltari. Martín M. Oesterheld, o neto do autor da obra orixinal, participa como consultor creativo.