Heard e Yustman na escuridade

0
151

Amber HeardAmber Heard e Odette Yustman serán as protagonistas de And Soon the Darkness para a produtora Studio Canal.

O filme, que é un remake do thriller inglés do mesmo nome de 1970, narra a história de dúas rapazas americanas que fan unha excursión en bicicleta por unha zona remota da Arxentina (o orixinal estaba ambientado en Franza).

Cando unha delas se perde, a outra deberá atopa-la antes de que se faga de noite e os seus peores presáxios se vexan cumpridos.

Heard será ademais a co-produtora do filme, que dirixirá o debutante Marcos Efron, até agora só director de anúncios. A rodaxe terá lugar en Arxentina.