PEACOCK / Teacup. A nova série de terror e ciéncia-ficción do mestre James Wan está baseada na novela supervendas Stinger de Robert McCammon e vai sobre un grupo diverso de xente na Georgia rural que deben enfrontar-se a unha misteriosa ameaza para sobreviviren. Yvonne Strahovski, Scott Speedman, Chaske Spencer, Kathy Baker, Boris McGiver, Caleb Dolden, Emilie Bierre e Luciano Leroux son os protagonistas dunha história que mestura terror, mistério e drama. Ian McCulloch é o showrunner e Michael Clear, Rob Hackett, Francisca X. Hu e Kevin Tancharoen son os produtores. E.L. Katz dirixe a série, que chegará ás pantallas a partir do 10 de outubro.