SHUDDER / V/H/S Beyond. A sétima entrega da franquía de V/H/S é un filme de terror e ciéncia-ficción de “metraxe atopada” que presenta seis segmentos dirixidos por Jordan Downey, Christian e Justin Long, Justin Martinez, Virat Pal, Kate Siegel e Jay Cheel. O proxecto é unha coprodución da Shudder Original Films, Bloody Disgusting, Cinepocalypse e Studio71, e após da súa primeira ollada no Fantastic Fest de Austin o pasado día 20, a estrea oficial terá lugar o 4 de outubro.