FOCUS FEATURES / Nosferatu. Chega o segundo tráiler de Nosferatu, unha longametraxe longamente agardada de Robert Eggers que tentará recapturar o espírito do lendário filme orixinal de 1922 de F.W. Murnau. A história é un conto gótico de obsesión entre unha moza enmeigada na Alemaña do século XIX e mais o conde Orlok, un antigo vampiro transilvano que a axexa traendo consigo un horror inimaxinábel. O filme de Murnau rodou-se en branco e negro cun estilo expresionista alemán, e este remake é en cór pero tentando achegar-se o mais posíbel ao clásico. Bill Skarsgård, Lily-Rose Depp, NicolasHoult e WillemDafoe protagonizan a fita, a estrear nas salas de cinema o 25 de decembro.