NETFLIX / El Hoyo 2. O regreso da ciéncia-ficción satírica e ultraviolenta ao mais puro estilo español, coa dirección de Galder Gaztelu-Urrutia. Esta secuela de El Hoyo de 2019 está protagonizada por Milena Smit e Hovik Keuchkerian e de novo centra-se no mundo do “Foxo”, unha enorme prisión vertical autoxestionada na que están encarcerados criminosos en dúcias de pisos aos que non se pode acceder mais que por médio dun burato no seu centro, polo que pasa diariamente unha plataforma con comida. A estrea será o 4 de outubro na Netflix.