A She-Ra real contrata unha guionista

95

A finalista do Prémio Pulitzer Heidi Schreck ven de ser contratada coma guionista e produtora executiva da série de acción real She-Ra, actualmente en desenvolvemento na Amazon MGM Studios, e unindo-se deste xeito a Nicole Kassell, quen dirixirá e será produtora executiva, e Robin Sweet, quen tamén será produtora executiva.

A DreamWorks Animation, responsábel do éxito da série de debuxos animados da Netflix She-Ra and the Princesses of Power, tamén está involucrada, pero esta série de acción real será unha nova história independiente e non relacionada coa de debuxos animados.

O proxecto foi descrito coma unha série de fantasía épica sobre unha rapaza orfa que lidera unha revolución para salvar ao seu planeta da aniquilación.

Despois de ser anunciada hai cousa de tres anos, esta será a primeira vez que a princesa Adora e as súas amigas aparezan nas pantallas con acción real.

A série orixinal de She-Ra: Princess of Power durou dúas tempadas ao longo de 93 episódios emitidos entre 1985 e 1986, mentres que a série da Netflix durou cinco tempadas e contou con 52 episódios, que remataron o ano pasado.