O cineasta Sam Raimi regresará ao Universo Cinematográfico da Marvel, despois de que a Marvel Studios acadara “practicamente pechar o acordo” para que Raimi volva coma director dunha terceira película en solitário da saga de Doctor Strange. As novas en todo caso aínda non son oficiais.
Raimi, responsábel da triloxía orixinal de Spider-Man na Sony Pictures, uniu-se á Marvel con Doctor Strange in the Multiverse of Madness en 2022, substituíndo a Scott Derrickson, que dirixiu a primeira entrega, e conduciu a secuela a obter unha recadación de case mil millóns de dólares, o que a converteu nun dos maiores éxitos dos estudos despois de Endgame, e moi preto doutros grandes éxitos da Marvel coma Deadpool & Wolverine ou Spider-Man: No Way Home.
Polo momento non se saben mais detalles sobre a terceira película ou de cando entraría en produción, pero moi posibelmente podería servir como un dos filmes que se estreen entre ou xusto despois das dúas próximas entradas dos Vingadores, xunto coa cuarta de Spider-Man.
A segunda película tiña unha secuencia de cretos finais na que se presentaba á meiga Clea Strange, interpretada por Charlize Theron, pero polo de agora non está claro se volverá.