A24 / Heretic. Na súa primeira aparición nun filme de terror en moitos anos, Hugh Grant interpreta a un home que é visitado por dúas misioneiras mormonas (ChloeEast e SophieThatcher) ás que someterá a unha série de intensos xogos psicolóxicos. O proxecto conta coma directores e guionistas a ScottBeck e BryanWoods, o dúo responsábel de A Quiet Place, 65 e The Boogeyman. Rodada en Vancouver (Canadá) durante o pasado outono, a súa estrea está prevista para chegar ás salas de cinema a partir do 8 de novembro.