O cineasta Chris Sanders ven de confirmar que a DreamWorks Animation está a desenvolver unha secuela da aclamada película de debuxos animados Wild Robot.
Sanders, que dixiriu o filme a partir dun guión escrito por el mesmo, declarou: “cento por cento si, hai plans para unha segunda parte“.
A confirmación chega xusto cando a distribuidora, a Universal Pictures, decidiu lanzar xa o filme en formato dixital para as plataformas de streaming, o que non adoita ser habitual cando un filme aínda está nas salas de cinema e con grande éxito, coma neste caso. A Apple e mais a Amazon estrearán a película nos seus catálogos a partir do 15 de outubro, é dicir, tan só 18 días despois da súa estrea nos cinemas.
A Universal quere deste xeito repetir o éxito da longametraxe do ano pasado Puss in Boots: The Last Wish, que acadou mais de dúas terceiras partes dos seus ingresos nos despachos de billetes despois de que o filme ficara dispoñíbel para a exhibición doméstica.
As películas de debuxos animados para nenos xa amosaron no pasado que non se ven afectadas polas estreas nas plataformas de streaming, porque os rapaces aínda prefiren ve-la nos cinemas, ou se cadra porque os seus pais prefiren leva-los alí.