A A24 fará unha série de Fairy Tale

104

A A24 ven de se facer cos dereitos para o cinema da novela supervendas de fantasía sinistra de Stephen King Fairy Tale e planea adapta-la para unha série de dez episódios para a televisión no lugar dunha longametraxe.

A história vai sobre un rapaz de 17 anos chamado Charlie Reade que herda as chaves dun portal e adentra-se, por suposto co seu inevitábel can, nun mundo terrorífico onde o ben e o mal están en guerra, con ambos mundos en xogo.

Agarda-se que Paul Greengrass, o cineasta inglés responsábel da saga de Jason Bourne, e que xa escribiu unha adaptación do guión para o cinema coa esperanza de poder dirixi-la hai un par de anos, continúe a participar no novo proxecto.

O seu guión será modificado por el mesmo e por J.H. Wyman (Fringe, Almost Human),  quen exercerá de showrunner da série.

O libro orixinal de King conta con mais de 600 páxinas, o que deixa moito material para completar os episódios, xa que se considerou imposíbel adapta-lo para unha película de dúas horas.

Aínda que é probábel que Greengrass sexa o director, o acordo aínda non está pechado. Polo de agora, os produtores executivos serán Peter Rice, Greengrass, Wyman e mais o mesmo King.