A adaptación de God of War adía-se

82

A Sony Pictures TV e a Amazon MGM Studios veñen de rexeitar todo o traballo realizado até agora na série de videoxogos de mitoloxía para a PlayStation God of War e queren comezar dende cero.

En consecuéncia, o showrunner e produtor executivo Rafe Judkins (The Wheel of Time), xunto cos produtores executivos Hawk Ostby e Mark Fergus (Iron Man) abandoan o proxecto.

Tanto a Sony coma a Amazon xa completaran e gabaran os guións da primeira tempada, pero agora mudaron de opinión e queren outra dirección creativa, polo que contratarán unha nova sala de guionistas para a série, que continúa a ser un importante activo para a Prime Video. Cory Barlog e Yumi Yang, da Santa Monica Studio, fican a bordo coma produtores executivos.

A adaptación anunciara-se por primeira vez en decembro de 2022 e está baseada no argumento dos dous primeiros videoxogos da era do relanzamento, que comezou en 2018. Neses títulos, un guerreiro chamado Kratos exilia-se do seu sanguento pasado na antiga Grécia e deixa as armas para sempre no reino nórdico de Midgard. Pero cando a súa amada esposa morre, Kratos emprende unha perigosa viaxe con seu fillo, do que está separado, para esparexer as súas cinzas dende a cima mais alta, loitando polo camiño contra novos deuses e monstros polo destino do mundo.

A franquía recibiu moitos encómios da crítica e o xogo de 2018 gañou o prémio ao mellor videoxogo do ano nos Game Awards.