A Universal ven de pechar un acordo coa Media Rights Capital para facer o filme The Adjustment Bureau, que protagonizaría Matt Damon nunha história de amor ambientada na actualidade pero con elementos de ciéncia-ficción baseados máis o menos nun conto de Philip K. Dick.
No conto orixinal, escrito en 1954, e titulado Adjustment Team, un vendedor que traballa nunha inmobiliária descubre que o seu mundo é en realidade un estudo de són baixo o control duns señores misteriosos, pero no filme, o persoaxe de Damon será un carismático congresista que seica está destinado a ser unha grande figura da política. Unha vez que coñece a unha fermosa bailarina de ballet, extrañas circunstáncias conspirarán para destrui-lo.
The Adjustment Bureau contará co guión e mais a dirección de George Nolfi, que xa traballara anteriormente con Damen en O Ultimato Bourne.