Mália que a primeira tempada está aínda en plea rodaxe, a Paramount+ ven de dar a orde de renovar a série Star Trek: Starfleet Academy xa para unha segunda tempada. No decurso da New York Comic Con anunciou-se onte asemade que a estrela de Orphan Black e She-Hulk: Attorney-at-Law, Tatiana Maslany, terá un papel recorrente na primeira tempada. HollyHunter e PaulGiamatti encabezan o elenco e a estrea está prevista para 2025.