DISNEY+ / Goosebumps: The Vanishing. Na nova série antolóxica baseada nos populares libros de R.L. Stine, e ao longo de oito episódios, seguiremos a Cece (Jayden Bartels) e Devin Brewer (Sam McCarthy), enviados a pasar o verán a Gravesend, Brooklyn, co seu pai divorciado e antigo profesor de botánica Anthony (David Schwimmer). Unha ameaza planea sobre eles, uns nenos desaparecen e non tardan en se decatar de que entre eles se agochan escuros segredos. Isto desencadea uns acontecementos que deslean un profundo mistério vencellado a un misterioso organismo simbiótico e mais ao seu defunto tío. A estrea, a partir do 10 de xaneiro.