Chris Hemsworth está a manter conversas para interpretar ao emblemático persoaxe do príncipe azul no filme Prince Charming da Disney Pictures. Os detalles da história polo de agora non se deron a coñecer e nin sequera está claro se este filme será con acción real ou de debuxos animados.
A diferéncia das heroínas das súas películas, que son sempre distintas, o “Príncipe Azul” é o clásico persoaxe masculino que se namora das princesas, coma no caso de Brancaneves, a Bela Durminte ou Cincenta.
O director de Paddington 2 e Wonka, Paul King, porá-se ao frente deste filme, que conta cun guión do mesmo King, de Simon Farnaby e mais Jon Croker. A rodaxe terá lugar probabelmente na segunda metade de 2025, despois de que Hemsworth remate coa súa saga de acción en Extraction 3.
Depois de ser o deus Thor nos filmes da Marvel, Hemsworth protagonizou nos últimos tempos Furiosa: A Mad Max Saga e puxo-lle a voz a Optimus Prime en Transformers One. Para os vindeiros meses ten pendente o thriller Crime 101.