A produtora Continental convida a ver de balde a película de debuxos animados A Crise Carnívora na súa versión orixinal en galego. A promoción comezou o venres 6 de marzo e rematará o 16 de abril, e é válida para as primeiras sesións da tarde de luns a venres e para as sesións matinais dos sábados nos cinemas que dispoñan desta.
As persoas interesadas en ver o filme de xeito gratuíto só teñen que imprimir o convite que pode descargarse na páxina Web da mesa pola Normalización Lingüística e troca-lo nos despachos de billetes de Multicines Gran Arousa (Vilagarcía), Multicines Centro (Lugo), Multicines Hollywood (Monforte), Multicines Barbanza (Ribeira) e Multicines Bergantiños (Carballo).
A crise carnívora (Pedro Rivero, 2007) é un filme realizado en Adobe Flash que levou o prémio de millor filme de debuxos animados en España en 2008.