Michael Cera e Emilia Jones unirán-se a Glen Powell, Josh Brolin, Katy O’Brian e Lee Pace na nova adaptación ao cinema que Edgar Wright prepara de The Running Man, a clásica novela de ciéncia-ficción de Stephen King para a Paramount Pictures. A rodaxe comezará en Londres a primeiros do ano e está ambientada nuns Estados Unidos baixo un governo totalitário que utiliza programas de televisión violentos para controlar ás masas. Cera será inxénuo rebelde que intenta axudar ao protagonista, mentres que Jones interpretará a unha muller privilexiada cega perante a opresión.