O director Edgar Wright desvelou á prensa que o seu proxecto de filme Ant Man ainda está na fase de guión.
“Está escrito, e estamos a facer un segundo guión“, dixo Wright (Shaun of the Dead). “Vai ser menos abertamente cómico do que nunca fixen até agora. É máis coma unha aventura de acción de ciéncia-ficción pero cun toque de comédia, co mesmo espíritu dos escapistas e todo iso. Certamente non vai ser unha paródia dos superheroes nin un pastiche, e certamente non vai ser algo coma Cariño, encollín aos nenos“.
Ant Man está baseado na franquía do popular superheroe dos Comics Marvel sobre un persoaxe que pode encoller-se e comunicar-se cos insectos.
Wright revelou que o filme fará uso das dúas encarnacións do persoaxe: o científico Hank Pym, tal e coma foi creado por Stan Lee e Jack Kirby, e Scott Lang, a última encarnación do heroe. “Ah, ben, podería ser Scott Lang ou Hank Pym, ou se cadra os dous“, dixo Wright. “OK, serán os dous. Agora xa tedes a exclusiva“. Wright está a co-escribir Ant Man xunto a Joe Cornish.