A Warner Bros. Animation e mais a Bad Robot unirán as súas forzas para adaptaren para a pantalla grande a franquía de Emily the Strange nun filme de debuxos animados.
O persoaxe é unha rapaza gótica e punki que vive con moitos gatos e que fai observacións enxeñosas sobre a sociedade, tentando ser ela mesma e negando-se a ser definida polos demais.
Creado polo skater Rob Reger a princípios dos 90, cando aínda estaba de moda ser gótico e vestir de negro, o deseño cobrou vida de seu hai uns vinte anos, dando lugar a un negócio multimillonário en todo o mundo que inclúe moda, libros e cómics, xoguetes, material escolar e accesórios.
A Dark Horse leva a publicar cómics de Emily dende 2005, mentres que o persoaxe tamén inspirou catro novelas da HarperCollins e outras catro novelas gráficas editadas pola Chronic Books.
A Fox Animation planeou unha película en 2008 que non se levou a cabo, e a Universal retomou o proxecto con imaxe real en 2010, cando mesmo se chegou falar de Chloe Grace Moretz coma protagonista, pero este segundo proxecto tamén ficou no caixón dos esquecidos.
John Agbaje, vicepresidente senior de animación da Bad Robot, afirmou nun comunicado: “A equipa reunida sente moita paixón por Emily a Estraña, o que representou até agora e o que significará para as xeracións futuras“.
A guionista de Moana Pamela Ribon escribe o guión nesta ocasión.