A actriz Eve Ridley (3 Body Problem) será Ruthye Mary Knolle na película Supergirl de Craig Gillespie na DC Studios e a Warner Bros. Pictures. Milly Alcock interpretará a Kara Zor-El/Supergirl no proxecto, cuxa rodaxe comezará en xaneiro. Unha vez mais, un can será o grande protagonista cando Supergirl viaxe pola galáxia para celebrar o seu 21 aniversário xunto a Krypto o supercan, e polo camiño atopará ao malo da película, que fere ao animal. A actriz e dramaturga Ana Nogueira asina o guión do filme, que se estreará en xuño de 2026. O can aparece ademais en Superman, a estrear en 2025.