Øvredal dirixe a Bendy

78

O cineasta responsábel de The Last Voyage of the Demeter e de Scary Stories to Tell in the Dark, André Øvredal, dirixirá o filme que adaptará ao cinema con acción real o videoxogo de terror Bendy and the Ink Machine para a Radar Pictures.

Publicado en 2017 e inspirado pola saga de BioShock, Bendy é un videoxogo de terror en primeira persoa tipo survival no que o xogador fai o papel dun antigo animador de debuxos animados chamado Henry Stein, que regresa aos estudos abandoados dende 1966. Alí descobre unha série de actividades paranormáis causadas polo persoaxe de debuxos Ink Machine. Mentres Henry percorre o seu antigo lugar de traballo, verá-se obrigado a loitar contra os persoaxes de pesadelo baseados nos seus debuxos, incluída a mascota do estudio, Bendy, que pretende matar a Henry.

Os xogadores participan en combates, resolven crebacabezas e moito mais para poderen avanzar, e ademais tamén poden atopar rexistros de áudio gravados polos empregados dos estudos para comprender a infrahistória do xogo e escapar do que será un pesadelo en debuxos animados.

Após do seu lanzamento, o xogo gozou dunha boa acollida e foi continuado por unha precuela en 2020 e mais unha secuela en 2022.

Nunha declaración online, Øvredal afirma: “Prometo que imos facer unha película realmente especial, algo que vai encantar a todos os fans. Algo que faga honra aos fantásticos persoaxes, aos mundos divertidos e a todo o que nos gusta dos xogos de Bendy“.

A adaptación cinematográfica ten previsto combinar efectos especiais con imaxes xeradas por computadora.