O regreso da Casa dos Mortos

77

O director de Mortal Kombat e creador da franquía Resident Evil, Paul W.S. Anderson, escribirá e dirixirá unha nova película sobre a propriedade a SEGA The House of the Dead. Anderson, Jeremy Bolt, Toru Nakahara, Dmitri M. Johnson, Mike Goldberg e Dan Jevons serán os produtores.

Estreado en 1996, este trepidante xogo de disparos sobre raís deu aos seus zombis mortos viventes a capacidade de correr, moito antes de que filmes coma 28 Days Later e mais o remake de Dawn of the Dead popularizaran esta posibilidade.

Os xogadores asumen o papel de axentes governamentais da AMS encargados de estragar as conspiracións das organizacións que ameazan ao mundo. O título refire-se á oficina na que traballan, xa que a esperanza de vida dos axentes é corta.

A película baseará-se no terceiro xogo, que xira ao redor dunha muller que intenta rescatar ao seu pai e mais o fillo do home que causou o gromo.

House of the Dead desenvolve-se nun centro de investigación abandoado onde se incubaron as criaturas e onde se fixeron co poder. Algunhas teñen tecnoloxía incrustada na carne humana mutada e todas son intelixentes: intentan enganar e atrapar a calquera que entre no manicómio.

En 2003, o alemán Uwe Boll dirixiu outra adaptación deste mesmo xogo, nun filme de baixo orzamento que el mesmo cualificou coma precuela, pero a crítica non tivo piedade con ela.