A Fox quere relanzar aos 4F

0
229

Os 4 FantásticosAinda que so pasaron dous anos dende a anterior, a 20th Century Fox xa está á procura dun relanzamento da súa franquía dos Catro Fantásticos. Os dous filmes prévios, de 2005 e 2007, non levaron boas críticas por parte da prensa especialziada, pero ainda así, foron rotundos éxitos no despacho de billetes, con casi 300 millóns de dólares de recadación en todo o mundo. E despois de ver como tanto a crítica coma os números aclaman a Iron Man e O Cabaleiro Escuro, os famosos estudos hollywoodenses miran con certa enveza aos seus competidores.

Así, seica a Fox quere relanzar a série, dándo-lle un tón menos infantil (ou “chicloso”, segundo eles mesmos din) e dirixir os seus esforzos para un público máis adulto, na liña dos filmes que adaptan aos persoaxes da DC Comics.

Nombergantes, hai unha chea de problemas se queren levar adiante a ideia. O mais importante é que os estudos seica esqueceron que o seu anterior esforzo en prol dun relanzamento non foi un éxito nin moito menos: o filme de 2008 O Incríbel Hulk, que só levou 18 millóns de recadación mais có anterior de 2003: 263 millóns contra 245. E as críticas tampouco foron para botar foguetes, xa que as revistas e webs especializadas non lle deron creto á nova história de Bruce Banner.