Despois de que a comezos do ano Jerry Bruckheimer confirmara que se están a preparar dúas novas películas dos Piratas do Caribe, ven de se anunciar o comezo da produción a finais de 2025 na illa de Saint Vincent, fronte ás costas de Venezuela. Polo momento aínda non hai mais información sobre o elenco ou sobre a equipa de rodaxe, e dado que este será un remake, a aparición de Johnny Depp é mais ca dubidosa.