A mosca segue a zoar

75

A cineasta Nikyatu Jusu, responsábel do éxito de terror psicolóxico Nanny en 2022, ven de comezar o desenvolvemento de The Fly, unha nova longametraxe baseada na clásica película de terror e ciéncia-ficción de David Cronenberg.

Jusu escribirá e dirixirá o filme para a 20th Century Studios e a Chernin Entertainment, con Peter Chernin e Jenno Topping como produtores.

Aínda que se descoñecen os detalles da história, o que está claro é que non se trata dun relanzamento, senon dunha nova película ambientada no mesmo universo cá orixinal de Cronenberg, que protagonizaron Jeff Goldblum e Geena Davis en 1986.

Naquel filme, Goldblum interpretaba ao científico Seth Brundle, cuxos experimentos co teletransporte dan un xiro aterrador cando o seu ADN se fusiona accidentalmente co dunha mosca. Daquela, comeza a se transformar fisica e psicoloxicamente nunha mosca xigante.

Chris Walas encargou-se dos innovadores efectos prácticos da película, gañadora dun Oscar, que recadou mais de 60 millóns de dólares en todo o mundo cun orzamento modesto. Walas tomou o temón da moi criticada secuela de 1989, con moito mais gore e protagonizada por Eric Stoltz.

Con todo Jusu ten aínda pendente outro proxecto, un filme de terror sobre vampiros negros que camiñan durante o día para a Universal Pictures e a Monkeypaw Entertainment, e na súa axenda futura ten ademais a dirección dunha nova secuela de Night of the Living Dead para a MGM.