O veterano actor Tony Todd morreu o pasado 6 de novembro na súa casa de Los Angeles aos 69 anos. Dende que en 1986 debutou no filme Platoon acumulou mais de 240 créditos en cinema e televisión, pero entre os fans acadou sona grazas ao seu papel do asasino de Candyman, así coma na franquía Final Destination, en Night of the Living Dead, The Crow, Wishmaster e Transformers. Na tele apareceu decote en Star Trek: The Next Generation, Star Trek: Voyager e Star Trek: Deep Space Nine, e foi convidado en 24, Xena: Warrior Princess, The X-Files, Stargate: SG-1, Smallville, Angel, Charmed, Chuck, Riverdale e The Orville.