O can é o protagonista

65

Aparentemente no cinema non había abondo filmes que teñan aos cans coma protagonistas, e para solucionar este grave problema, Ridley Scott e mais Paul Mescal, a estrela do seu mais recente filme, Gladiator II, volverán a se reunir no thriller The Dog Stars para a 20th Century Studios.

Mescal está en conversas avanzadas para protagonizar o proxecto, que é o de ciéncia-ficción que Scott insinuou a pasada semana.

The Dog Stars basea-se no thriller apocalíptico de Peter Heller de 2012 e que contará coa adaptación de Mark L. Smith, responsábel de The Revenant e Twisters.

A história ten lugar nun futuro próximo no que unha pandémia decimou á sociedade americana. Un piloto civil vive unha vida solitária nunha base aérea abandoada de Colorado co seu can e cun duro ex marine.

Os dous homes dependen o un do outro para se defenderen dos invasores errantes, pero cando unha transmisión aleatória chegue á rádio do Cessna 1956 do piloto, abrirá-se a esperanza dunha vida mellor.

Agarda-se que a película se rode en 2025, despois de que Scott remate o seu actual proxecto, unha biografía dos Bee Gees.