Mais para a cabana do bosque

0
199

Chris HemsworthChris Hemsworth (Star Trek), Kristen Connolly (Revolutionary Road), Anna Hutchison (Underbelly), Fran Kranz (The Village) e Jesse Williams (The Sisterhood of the Traveling Pants 2) serán os actores protagonistas do novo filme de terror The Cabin in the Woods que desenvolverá a United Artists.

Joss Whedon foi quen escribiu o guión, ainda que o argumento e mais a descripción dos persoaxes están ainda baixo sete chaves gardados polos estudos. Richard Jenkins (The Visitor) e Bradley Whitford (Bottle Shock) xa foran contratados anteriormente para o reparto.

Whedon será o produtor, e o seu antigo parceiro na série de TV Angel, Drew Goddard, será o director. A rodaxe xa leva vários días, pero a estrea adiou-se recentemente e non coincidirá en Halloween deste ano senón o 5 de febreiro do ano que ven.