Mary

53

NETFLIX / Mary. A Netflix presenta unha longametraxe coa orixe dos mitos cristiáns, e con María, a nai de Xesús, coma protagonista principal. Elixida para traer ao Mesías ao mundo, María é repudiada tras ficar preñada e é obrigada a se agochar. Cando o rei Herodes (Anthony Hopkins) ordee unha matanza para atopar ao seu bebé recén nacido, María e Xosé fuxen para salvar a súa vida. No elenco aparecen Noa Cohen (María), Ido Tako (Xosé), Stephanie Nur (Salomé), Susan Brown (a profetisa Ana), Ori Pfeffer (Xoaquín), e Eamon Farren (Satán). Dirixida por D.J. Caruso (Disturbia, I Am Number Four), a estrea chegará a partir do 6 de decembro.