Secret Level

80

PRIME VIDEO / Secret Level. Unha série antolóxica de debuxos animados para adultos creada por Tim Miller que presenta histórias de ciéncia-ficción e fantasía, onde cada episódio está ambientado nos mundos dalgúns dos videoxogos mais famosos de todos os tempos: Armored Core, Pac-Man, Sifu, Spelunky, The Outer Worlds, Dungeons & Dragons, Mega Man, Unreal Tournament, Warhammer 40.000 ou Concord. No elenco de voces atoparemos a algúns dos pesos pesados mais salientábeis do cinema: Keanu Reeves, Arnold Schwarzenegger, Kevin Hart, Gabriel Luna, Temuera Morrison e moitos mais. A estrea, a partir do 10 de decembro.