Wolf Man

49

UNIVERSAL / Wolf Man. Da man do cineasta australiano Leigh Whannell chega un novo filme de terror no que Christopher Abbott interpreta a Blake, un pai que herda a casa da súa infáncia en Oregon. Cando a vai visitar xunto á súa muller Charlotte  (Julia Garner) e á súa filla (Matilda Firth) a família é atacada por un animal invisíbel e na súa fuxida atrincheiran-se na casa mentras o monstro asexa fóra. Porén Blake comenza a se transformar nalgo  irrecoñecíbel e Charlotte verá-se obrigada a decidir se o terror de dentro é peor có de fóra. A estrea chegará ás salas de cinema a partir do 17 de xaneiro.