A próxima película da saga de Predator vai mudar algunhas cousas, segundo o seu director, Dan Trachtenberg. O cineasta que resucitou a franquía con Prey en 2022, volve para se encargar e Predator: Badlands, que ten prevista a estrea para o ano que ven.
Trachtenberg confirmou que o filme é unha história ambientada no futuro e que ten lugar nun planeta alieníxena. Porén, tamén explicou que adoptará un enfoque diferente ao de películas anteriores: de feito, nesta ocasión, o depredador é o protagonista:
“A criatura está á fronte e no centro, liderando a carga. Segue a ser un tipo duro, pero hai algo aí que tamén te toca emocionalmente. Crear un persoaxe co que conectas, pero que tamén te intimida, foi un reto. Pero emocionante. A ideia era atopar outra obra cinematográfica esencial que fixera o mesmo que “Prey” dende o punto de vista espiritual: traspasar os límites da franquía, permitirnos apoiar a un heroe ao que rara vez apoiamos, pero dunha forma diferente. E iso transformou-se nesta grande ideia de apoiar ao Depredador“.
Non está claro se o Depredador será só o heroe principal ou se será algo mais parecido ao recente filme canadiano In a Violent Nature, que se desenvolve por completo dende o punto de vista do monstro.
A actriz Elle Fanning interpretará vários persoaxes e Trachtenberg declarou que ela “enfrontou-se a grandes retos nesta película: dramáticos, físicos e loxísticos“.
Unha segunda película de Predator, unha antoloxía de debuxos animados que se centrará na loita do Depredador contra guerreiros de várias épocas, tamén está prevista para o ano que ven.