A Dreamworks planea os Dinocamións

0
209

DinotruxA DreamWorks Animation ven de se facer cos dereitos para adaptar á pantalla grande do libro para nenos Dinotrux.

Escrito por Chris Gall, este libro de á penas 32 páxinas ten lugar nunha era prehistórica fictícia, cando o mundo estaba governado polos Dinotrux, unhas criaturas médio camións (truck, en inglés) e médio dinosáuros, con espécies coma o Craneosauraus, o Garbageadon e mais o Tyrannosaurus Trux, que movían a terra e derrubaban coma as máquinas de construción de hoxendía.

A Dreamworks desexa converter esta propiedade nun filme de debuxos animados por computador con criaturas que poidan falar e asegurar-se unha nova franquía de éxito.